FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

A FEMP, no VI Cumio UE-América Latino e Caribe


A FEMP participa en calidade de observador no VI Cumio de Xefes de Estado e de Goberno UE-América Latino e Caribe, que se celebra en Madrid no marco do semestre de Presidencia española da UE. O Vogal da súa Comisión Executiva, Ramón Ropero, Alcalde de Villafranca de los Barros e Vicepresidente da Comisión de Relacións Internacionais e a Secretaria Xeral da Federación, Isaura Leal, son os representantes da FEMP neste evento que reúne a mandatarios de ambos os dous lados do Atlántico.


Trátase da primeira vez que a FEMP participa nun Cumio Internacional destas características. Nos días anteriores, dende a Federación fíxose chegar aos responsables do Cumio a Declaración de Vitoria, o documento final emitido polos participantes no II Foro de Gobernos Locais Unión Europea-América Latina e Caribe, celebrado na capital alavesa, no que se demandaba a participación dunha representación local neste VI Cumio de Xefes de Estado.

A Declaración de Vitoria, reivindica, ademais, o protagonismo dos Gobernos Locais e o dos seus territorios nos procesos de desenvolvemento e cohesión social e aposta por potenciar unha "dimensión integral do termo de innovación social".